|
Cumprindo cunha tradición, os veciños de MARROZOS celebramos as nosas festas na honra á Virxe. Un motivo para reencontrarnos coa familia, os amigos e sobre todo para disfrutar duns días de música que poñerá unha pizca de ledicia en todos nós. "Marrozos" é unha parroquia sinxela e fermosa dos arredores de Compostela, cun pasado marcado pola emigración, pero cun presente e futuro esperanzador. Dende aquí, a Comisión quere agradecerlles a todas aquelas persoas que colaboraron con nós facendo posible estas festas e o mesmo tempo a aquelas outras que de forma anónima colaboraron en favor desta parroquia. Así queremos tamén convidarvos as nosas festas para que disfrutedes connosco nestes días de ledicia colectiva. Orquesta PANORAMA en Marrozos - maio 04 fotos dalgúns dos membros da Comisión 04
![]() Festas de Maio venres 7 de maio : orquestas PANORAMA e GRAN PARADA sábado 8 de maio : orquestas NOCHE DE ESTRELLAS e LA OCA domingo 9 de maio : orquesta FANIA fotos das festas de maio
![]() Festa das Flores sábado 22 de maio : orquesta SAMBA Con agosto chega a calor, chegan as vacacións (¡benditas vacacións!) e a Marrozos chegan tamén as festas na honra a Nosa Señora. Son días apropiados para xuntarse cos familiares e amigos, de lonxe e de non tan lonxe, e celebralo cunha boa comida e moito baile. 15 de agosto, Día da Nosa Señora: Grupos "D MODA"e "SALON"16 de agosto, día de San Roque: Orquestas "ALIANZA" E "LOS EMBAJADORES" 17 de agosto, día do Santísimo Sacramento: Orquestas "PONTEVEDRA" e "SOLERA" COMISION FESTAS DE MARROZOS: festamarrozos@mixmail.com |
![]() |