Sobre la red
Falamos con quen leva anos sendo a figura máis visíbel do son tradicional sobre o que supuxo para ela como investigadora e como música a chegada da rede, sobre a súa relación coa tecnoloxía, sobre os dereitos de autor ou a distribución en soporte dixital.
E comeza confesándose un algo "desastre con isto da tecnoloxía", unha persoa que se deixa guiar pola intuición e que está inmersa no cuestionamento dos coñecementos que posúe. Pero indo alén do persoal fálanos do alucinante que lle resulta a posibilidade de achegarse á información dun xeito novo, non só por afastada xeograficamente senón tamén por diversa, polo "eido de liberdade tremendo" que foi capaz de crear. Máis tamén de que "toda enerxía é manipulábel, para o ben e para o mal", xunto co atractivo de contar cun espazo en que "o control é aínda menor".
Cóntanos logo que emprega a rede para cuestións que poderiamos denominar domésticas como poñer unha parede de pladur, para o que atopou "unha xente de Santaia que se dedica a iso", e que ten un contacto fundamentalmente intermediado coa rede, a través do que lle contan os amigos: "Budiño, por exemplo, sempre me fala do que vai acontecendo, das cousas que atopa".
A autora/adaptadora das melodías do disco Isué fálanos dun emprego pragmático da rede, e asociado ao traballo, a unha oficina en que "empregamos moito o correo electrónico" e da peculiaridade que hai a día de hoxe en ser alguén que nunca baixou contidos de internet. Algo que non responde exactamente a unha postura a prol da protección dos dereitos de autor tan como se entende adoito, coa que nos conta que está en desacordo, "os cds son moi caros, vinte euros é moito diñeiro, porque coñezo o prezo do soporte". Tamén que "agora que non escoitan os da discográfica" se algún lle di que non dá atopado o seu disco, sempre lle recomenda que o copie. E continúa o fío cara á "inmoralidade absoluta" que lle parecen as patentes nalgúns ámbitos, mencionando o mundo da medicina. Tamén fala da necesidade de protexer as persoas e os creadores, pero "non con medios como os empregados pola Sociedade Xeral de Autores e Editores", ou da ilexitimidade de determinadas críticas da industria musical a fenómenos como o top manta.
Dinos que fala de maneira intuitiva no referido ao potencial da rede como ferramenta dinamizadora para unha cultura minorizada ou periférica, éntrase na súa compoñente de liberdade, e establece un paralelismo coas súa actuacións fóra de Galicia, co feito de empregar o galego nas súas creacións e de tomar ante isto unha actitude de normalidade. Dinos que "cando un se sente libre tamén consegue un maior nivel de normalización, polo menos a nivel individual, e ese é o camiño para a colectiva".
Continúa reflexionando sobre a invisibilidade de determinados modelos de lingua máis marcados foneticamente, de rexistros máis identificados fronte á uniformización de lingua que supón a converxencia con modelos do castelán e con determinadas interpretacións deficientes do estándar, e sobre se a rede podería contribuír a posibilitar unha presenza daqueles. Alude tamén ao feito de que o seu disco se venda en Londres ou París cun libreto en galego e cunha breve explicación en inglés, á naturalidade necesaria coa que debemos afrontar esas cuestións.
Se aludimos ao potencial da rede na industria musical da que esta investigadora na tradición oral fai parte, comeza falando da súa incidencia sobre a propia creación, "agora mesmo dunha banda sonora para un documental" para a que emprega o ordenador, cunha concepción que denomina "próxima da arte efímera". Tamén, no que é a recepción, ve como todo se foi acelerando, como cada vez coa musica se vai tendendo a "unha única oportunidade, quizais xa ninguén escoite discos enteiros, nin unha canción dúas veces", e á necesidade de chegar á xente, de que se emocione tamén no soporte dixital, o cal "vai ser diferente ao directo, e vai ser diferente aos demais soportes, vinilo ou cd". Aínda que engade que non sabe se se vai meter nese camiño, nin sequera se vai seguir facendo cancións.
Cóntanos tamén que os músicos do seu grupo si teñen unha maior familiaridade con internet, e que teñen falado de intentar empregar máis ese medio para os ensaios, que agora mesmo realizan "en Padrón, na casa dun amigo, algo similar a unha casa rural".
Dinos tamén que a ela lle vai ben no mercado, pero que está en desacordo con que sexa xustamente esta manifestación cultural, a música, a que pareza que ten que ser de balde, con que "os músicos parece que teñamos que vivir do aire".
E remata falando de que considera innecesario colgar os seus concertos na rede ou establecer un diálogo de maior inmediatez co público, porque segue necesitando a distancia: "incomódame alimentar o fenómenos dos fans porque eu non os coñezo e acabo sentindo que me dan algo que non lles podo devolver"





LA ARTISTA GALLEGA PRESENTA SU ÚLTIMO TRABAJO EN EL FÓRUM
Mercedes Peón: 'Soy compositora, no hago ni tradición ni folclore'
'Ajhrú' es el título de su segundo disco después de 'Isué'
HELENA FERNÁNDEZ BARCELONA.-
Mercedes Peón se defiende con uñas y dientes de los tópicos que le caen encima. Después del éxito de 'Isué', Peón presentará en el Fórum su segundo trabajo, 'Ajrú', 'libre' y 'escrito en femenino'. "Yo soy compositora, no hago ni tradición ni folklore", reivindica. El 11 de septiembre, volverá a Barcelona para participar en la celebración de la Diada de Cataluña.
Mercedes Peón abre mucho los ojos cuando un periodista le pregunta si "está viva Galicia". Sentada a la sombra en el backstage del escenario de la Marina, donde actuará esta noche, charla con los medios mientras sostiene un sombrero del Fórum. Lleva el pelo un poco más largo que de costumbre -al 1- y viste íntegramente de negro.
2.000 cintas de música tradicional
"¿Qué si está viva Galicia?!", "musicalmente hablando, me refiero", se corrige el periodista. "Pues a tí que te parece. Tengo 2.000 cintas de música tradicional y si a eso le sumas 10.000 'gaiteiros' más 5.000 bailarines...".
Pero que no les engañe. Mercedes Peón es el reflejo de la Galicia del siglo XXI. Sobre el escenario, la artista toca la batería electrónica acompañada de un bajo eléctrico, dos samplers, dos pianos y un clarinete.
Portada de algunas de las revistas folk del panorama europeo, reconocida también en las listas de la BBC por su primer trabajo, 'Isué' y, como no, artista revelación de la TVG.
A ningún gallego se le escapa aquella joven de pelo por la cintura que presentaba el programa 'Luar' junto con Xosé Ramón Gayoso. "La música tradicional gallega goza de la mejor salud de toda Europa, porque la cadena de transmisión no se ha roto". Y si no que se lo pregunten a ella, que ha llamado puerta por puerta -grabadora en mano- para recopilar sonidos de todos los rincones de su país. Ahora, una parte de ellos componen la paleta de colores con la que pinta su música.
La reivindicación de lo disidente
"Del Fórum la verdad es que no tengo ni idea porque acabo de llegar", replica cuando le hacen la consabida pregunta. Esta noche y mañana presentará su último trabajo 'Ajrú', "que es aturuxo, el grito de felicidad de las fiestas del pueblo. Como el de los saharauis" puntualiza. Es su grito sincero, su particular reivindicación de lo diferente, de lo disidente. "Yo no tengo morriña, y creo que los gallegos somos gente muy alegre".
Sus actuaciones son 'performances' -"siempre que alguien se sube a un escenario a interpretar algo lo son"- y su trabajo un verdadero "made in na casa". La Peón es productora, compositora y letrista de 'Ajhrú'. "No tengo ni idea de cuál es el estilo del disco, aunque quiero creer que tiene un estilo muy Mercedes Peón". Eso quiere decir que es un "trabajo libre", "escrito en femenino", donde cada canción representa "un mundo muy personal".
Cuando le toca hablar de su tierra así, en general, le sale el genio. "No soy profeta de nada", anuncia. Pero ya que estamos en Cataluña toca comparar. "No tienen nada que ver, tenemos más cosas en común con el Algarve, pero creo que Cataluña es un país culturalmente normalizado y Galicia no". "¿Y cómo lo solucionarías?". "Dándole al pueblo la autoestima que necesita. En Galicia no hay trabajo y el gallego sigue emigrando" Levante, Islas Canarias... "En el fondo", reconoce, "siento una envidia sana hacia los catalanes. Pero prefiero la tribalidad de Galicia. Aquí la gente es demasiado urbanita".



Adressline Spain/Galicia/Lugo
Copyright © 2007 by Blacksun
Http://www.agora.ya.com/mercedespeon
All Rights reserved